Un novembro de medo

Casa del terror 2010Durante o mes de novembro, na biblioteca teredes unha exposición de libros e películas de medo.

Non deixedes de visitala.

Para consultar máis información sigue o enlace.

Advertisements

I Concurso de relato curto

Bases

1. Haberá dúas categorías:
A. Alumnado ata 14 anos (inclusive), cumpridos ou por cumprir no ano 2011.
B. Alumnado de 15 ou máis anos cumpridos ou por cumprir no ano 2011.
2. O tema será libre.
3. Poden estar escritos en galego ou castelán.
4. Terán unha extensión máxima de sesenta  liñas.
5. Tipo de letra: New Times Roman, tamaño 12 e a dobre espazo.
6. Entregaranse na Biblioteca, nun sobre cerrado no que se incluirán: o texto e outro sobre cos datos d@ autor@ (nome, curso, grupo, idade). Por fóra, figurará unicamente un seudónimo e a categoría na que participa.
7. Data límite de entrega, o día 9 de decembro.
8. Haberá un premio para cada categoría, que consistirá nun vale por valor de 50 € para material de librería.