Unha partida de campo de Jean Renoir

Unha partida de campo

TÍTULO ORIXINAL: Une partie de campagne. NACIONALIDADE: Francia, 1936. PRODUCCIÓN: Pierre Braunberger. DIRECCIÓN:  Jean Renoir. GUIÓN: Jean Renoir; baseado nun relato de Guy de Maupassant. FOTOGRAFÍA: Claude Renoir. MONTAXE: Marinette Cadix e Marguerite Renoir. MÚSICA: Joseph Kasma.
DURACIÓN:
40 minutos.
INTÉRPRETES:
Sylvia Bataille (Henriette), Georges D’Arnoux (Henri), Jane Marken (Sra. Dufour), André Gabriello (Sr. Dufour), Jacques B. Brunius (Rodolphe), Paul Temps (Anatole), Gabrielle Fontan (Abuela), Jean Renoir (Tío Poulain), Marguerite Renoir (Sirvienta).

RENOIR VISTO POR RENOIR 

“Una partida de campo”, de 1936, es la historia de una familia, os Doufour, que pasan un domingo á beira de Sena. Mentres os homes da familia dormen a sesta, uns canotiers invitan á nai e maila filla a dar un paseo en barca; un paseo que se converterá en algo máis que nunha inocente excursión fluvial.

Esta mediometraxe (40 min.) de Jean Renoir é unha homenaxe ao seu pai, o pintor impresionista francés Pierre Auguste Renoir. As referencias a algúns dos seus cadros son evidentes ao longo do filme (O bambán, O Sena en Asnières, Les canotiers, Sendeiro na costa entre a herba…) establecéndose así un diálogo sobre a relación do cine coa pintura. A película supón un xogo de equilibrios entre a estructura narrativa e a posta en escena que resultan naturais e a teatralidade extrema dos actores, case caricaturesca.

Jean Renoir pon énfase en realizar un cine a plein air, substituíndo o cabalete do seu pai pola cámara, procurando a captura do “instante fugaz”, das impresións que lle ofrece a natureza. Porque a natureza é, en realidade, a protagonista do filme, os seres humanos non son máis que froitos dela –coma dicía o Renoir pintor- deambulando dun lado a outro, entrando e saíndo do encadre como o farían sobre un escenario. Case podemos sentir a lene brisa baixo os bidueiros, observar ese esplendor vexetal á beira das canles nunha combinación harmónica de procura do efémero.

Unha beleza para contemplar e reflexionar.

 Tes un enlace ao documento en pdf.

Advertisements