Breve encontro de David Lean


TÍTULO ORIXINAL: Brief encounter.
NACIONALIDADE: Gran Bretaña, 1945.
DIRECCIÓN: David Lean. PRODUCCIÓN: Anthony Havelock-Allan e Ronald Neame. GUIÓN: David Lean e Robert Neame, a partires da peza teatral “Still life” de Noel Coward. FOTOGRAFÍA: Robert Krasker. MONTAXE: Jack Harris e Marjorie Saunders. MÚSICA: Concerto para piano e orquesta nº 2 de Serguei Rachmaninov.
DURACIÓN: 86 minutos.
INTÉRPRETES: Celia Johnson (Laura Jesson), Trevor Howard (Dr. Alec Harvey), Stanley Holloway (Albert Goddy), Joyce Carey (Myrtile Bagot), Cyril Raymond (Fred Jesson), Everley Gregg (Dolly Messiter), Margareth Barton (Beryl Walters), Marjorie Mars (Mary Norton).

NA PUNTA DUN PANO DE MAN

Na estación de Milford, a Laura Jesson méteselle unha carbonilla no ollo, que é delicadamente extraída por un descoñecido. Atópanse outras veces, van ao cine, comen xuntos, pasean polo parque … namóranse. Un día, Alec leva a Laura ao piso dun amigo, pero cando este volve de improviso ela fuxe avergoñada. Esa mesma noite, vólvense ver na estación e comprenden que seu amor é imposible, os dous teñen familia e plans de futuro.

         Estructurada como un flashback no que a protagonista conta en soños ao seu marido, coma namorou dun home, Breve encontro traza unha visión delicada dos sentimentos amorosos que nacen entre dúas persoas normais, casadas e felices aparentemente; un retrato minucioso dun home e unha muller marcados polo infortunio que supón, terse coñecido e non poder iniciar unha vida en común sen infrinxir unha dor irreparable aos seus seres queridos. De aí a importancia da estación de tren -cruce de vías-, metáfora dos seus itinerarios vitais que transcorren por camiños diferentes, que se unen e se separan cada xoves. Alí foi onde se coñeceron casualmente, onde Laura se namora escoitándolle falar do seu traballo coma médico e onde se despiden para sempre, sen poder facelo ante a chegada extemporánea dunha coñecida.
–         Aínda estamos a tempo de esquecer un ao outro.
–          Xa non estamos a tempo de nada.

Din, querendo loitar contra o inevitable, contra a orde natural.

         O desenlace pesimista, pero sen traxedia, suave e ordinario coma a vida de ámbolos dous ata o instante en que se coñeceron, resúmese na frase do marido ao final da película, daquel home que todas as noites facía a encrucillada do Times, coma se non reparase no conflicto interior da súa esposa:

-Estiveches moi lonxe. Gracias por volver a min.

         Cómpre destacar tamén no filme o uso da música, o concerto para piano nº 2 de Rachmaninov que dota de máis tristeza se cabe, a historia dun amor imposible.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s