Persona de Ingmar Bergman


 
TÍTULO ORIXINAL: Persona.
NACIONALIDADE:Suecia, 1966.
DIRECCIÓN:
Ingmar Bergman.
PRODUCCIÓN:
Ingmar Bergman.GUIÓN: Ingmar Bergman; baseado na obra de August Strindberg “A máis forte”.FOTOGRAFÍA: Sven Nykvist. MONTAXE: Ulla Ryghe. MÚSICA: Lars Johan Werle.
DURACIÓN: 85 minutos.
INTÉRPRETES: Bibi Anderson (Alma), Liv Ullmann (Elisabeth), Margaretha Krook (Doctora), Gunnar Björnstrand (Marido), Jörgen Lindström (Rapaz).

O BERRO SILENCIOSO

A actriz Elizabeth Vogler (Liv Ullmann) queda sen voz mentres interpreta no teatro a Electra. Tras ingresar nun hospital e aparentemente recuperada, mergúllase un día no silencio máis absoluto, perdendo, sen explicación, o desexo ou a necesidade de falar. Recluída para se curar nunha casiña a carón do mar, conta coa axuda de Alma (Bibi Andersson), unha enfermeira que está decidida a acabar co seu mutismo.

 “Froito dunha aguda e desesperada reflexión sobre o mundo de hoxe” segundo palabras do propio Ingmar Bergman, o filme (reparemos que “persona”, en latín, significa “máscara”, aquela que portaban os actores na Antigüidade e coa que cubrían a cabeza durante as representacións), preséntasenos coma un violento alegado tanto contra a insinceridade que impide a comunicación entre os seres humanos, como contra a violencia mesma, consecuencia final desta incomunicación.

Opus 27 do realizador sueco, o filme resulta, ás veces, denso dende o punto de vista filosófico, se cadra inintelixible, mantendo un ritmo cadencioso, de lentitude exasperante se cadra, mais resultando un espectáculo deslumbrador e inquietante á vez, gracias tamén á magnífica fotografía do operador de cámara habitual na filmografía de Bergman, Sven Nykvist.

A dor que sente Elizabeth e que lle impide articular palabra, contrasta co falar de Alma que, para encher a soidade que rodea a ámbalas dúas mulleres, cóntalle as súas propias experiencias, incluso as máis íntimas. Elizabeth cala, sempre cala. Seu silencio acaba por enloquecer a Alma, literalmente “absorbida” ou vampirizada, pola outra (secuencia da mordedura). Só entonces Alma comprende as razóns de Elizabeth: “Cada palabra, cada aceno é unha mentira -recoñece-. Só o silencio líbranos da hipocresía”. Personaxes case únicos do filme, e finalmente convertidos nunha soa protagonista dual, simbiótica, ambas mulleres, faladora unha, a outra silenciosa, deambulan por un mundo desértico e baixo un ceo gris onde non hai lugar para a esperanza… ou si?
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s