A noite do cazador de Charles Laughton


TÍTULO ORIXINAL: The night of the hunter. NACIONALIDADE: EE.UU., 1955.
DIRECCIÓN: Charles Laughton.
PRODUCCIÓN: Paul Gregory. GUIÓN: James Agee; baseado na novela de David Grubb. FOTOGRAFÍA: Stanley Cortez.
MONTAXE: Robert Golden. EFECTOS ESPECIAIS: Jack Rabin e Louis de Witt. DECORADOS: Al Spencer. MÚSICA: Walter Schumann.
DURACIÓN: 93 minutos.
INTÉRPRETES: Robert Mitchum (Harry Powell), Shelley Winters (Willa Harper), Lillian Gish (Rachel Cooper), Peter Graves (Ben Harper), Billy Chapin (John Harper), Sally Jane Bruce (Pearl), Evelyn Varden (Icey Spoon), James Gleason (Tío Birdie), Don Beddoe (Walt), Gloria Castillo (Ruby), Mary Ellen Clemons (Clary), Cheryl Callaway (Mary).

A LOITA ETERNA ENTRE O BEN E O MAL

En ocasións unha película van moi por diante dos gustos dos espectadores; este é un caso paradigmático. A noite do  cazador, 1955 é unha prezada xoia visual belamente rodada, auténtica poesía en imaxes que nembargantes non acadou, no seu momento, o recoñecemento que realmente merecía. O filme recórdanos a un conto infantil -truculento e inquietante, á vez- onde os protagonistas son dous nenos, que a través dos seus ollos nos achegan unha historia, mestura de imaxes oníricas, de metáforas visuais que nos fan pensar no surrealismo de Luís Buñuel e que converten á película nunha auténtica obra de arte.

O actor británico Charles Laughton, púxose unha vez detrás das cámaras, revelándose coma un poeta que a través de planos dende o aire condúcenos lentamente á terra, ao terreal mostrando alí coma o ben e o mal poden convivir nun mesmo plano, como a abxección más absoluta, o ominoso, só ten cabida e sentido se existe a bondade, a calidez duns brazos amigos e o amor sen contrapartidas.

En plena depresión, en Virxinia, Ben Harper mata a dous homes e lles rouba 10.000 dólares que agocha no interior da inseparable boneca da súa filla Pearl facéndolle prometer ao seu outro fillo máis vello, John que nunca revelará seu agocho.

No cárcere mentres agarda ser axustizado, conta a súa peripecia a un asasino de viúvas, Harry Powell; unha especie de predicador que leva tatuadas nos dedos das mans as palabras ODIO e AMOR que lle permiten entoar de cando en vez un discurso sobre o ben e o mal, mezcolanza delirante de lecturas bíblicas mal asimiladas.

Harry Powell, ao saír do cárcere casa coa viúva de Ben Harper, Willa. Ao pouco tempo mátaa e persigue aos nenos a través dun río para que lle digan onde están os cartos; pero os cativos que foxen do feroz ogro dan cunha fada bondadosa Rachel Cooper –a gran actriz de la época silente do cine, Lilian Gish- que os coida e defende. Finalmente e ogro é detido e os pequenos quedan a vivir con aquela muller bondadosa que os amparou na adversidade, demostrándose así que o ben triúnfa sobre el mal.

O filme baseado nunha obra orixinal de David Grubb, foi convertida por James Agee nun guión que afonda no aspecto aberrante e fanático de Harry Powell, esplendidamente interpretado por Robert Mitchum que lle soubo dar ese toque de maldade incoherente ao terrible psicópata que interpreta.

Hai fragmentos en toda a película que revisten unha maxia indefinible como o descenso dos nenos polo río despois de loitar co predicador. Ao son dunha melodía suavemente fascinante -que sería utilizada polo grupo donostiarra La Buena Vida nunha das súas cancións- figuras espectrais se recortan diante do espectador, baixo unha bóveda celeste inzada de estrelas namentres unha tela de araña enmarca a barquiña que se desliza suavemente na corrente, mostrando así que os nenos foxen do mal encarnado na araña (predicador) que devora todo o que cae na súa tela.

Gran responsabilidade na beleza formal da obra a ten o director de fotografía Stanley Cortez, un dos máis grandes da historia do cine e tamén un dos máis descoñecidos, que xa tivera traballado con Orson Welles en The magnificent Ambersons, 1942 e que fora axudante de fotografía de moitos dos máis grandes: Charles Rosner, Karl Struss, Joe August…

El é o creador dunha escena extraordinaria, aquela na que aparece Shelley Winters afogada dentro do seu  coche.Toda a secuencia rodouse dentro do tanque que a Republic empregara nas películas de Tarzán, utilizando para tal fin unha boneca de cera e dúas cámaras, unha baixo a superficie e outra no exterior; uns potentes arcos cuxa luz penetraba na auga déronlle ese aspecto etéreo á composición; os cabelos ondulantes da figura foron suxeitos mediante fíos que chegaban á superficie e a tanza da caña dos pescadores que descubriron á morta pintouse de branco para facer máis notoria a súa presencia. Outro exemplo da labor mestra deste artesán: a escena do neno no faiado está enteiramente rodada en estudio e polo tanto o decorado foi construído en perspectiva, así entre o mozo e o predicador hai apenas150 m., no filme semellan moitos máis, a solución foi colocar a un anano sobre un poni recortándose sobre o horizonte.

O cine ten estas cousas, un conxunto de fotogramas que nos acercan unha historia verosímil construída sobre enganos e verdades a medias que enfatizan o poder que as imaxes teñen por si solas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s