Jennie de William Dieterle


TÍTULO ORIXINAL: Portrait of Jennie.
NACIONALIDADE: EE.UU, 1948.
DIRECCIÓN:William Dieterle. PRODUCCIÓN: David O. Selznick. GUIÓN: Paul Osborn e Peter Berneis, baseado na novela homónima de Robert Nathan, adaptada por Leonardo Becovici.
FOTOGRAFÍA: Joseph H. August [Lee Garmes]. MONTAXE: Gerald Wilson. MÚSICA: Dimitri Tiomkin  sobre música de Claude Debussy, e Bernard Herrmann.
DURACIÓN: 83 minutos.
INTÉRPRETES: Jennifer Jones (Jennie Appleton), Joseph Cotten (Eben Adams), Ethel Barrymore (Miss Spinney), Lillian Gish (madre Mary of Mercy), Cecil Kellaway (Matthews), David Wayne (Gus O’Toole), Henry Hull (Eke).

A INSPIRACIÓN A TRAVÉS DO AMOR

         O pintor Eben Adams nunca foi quen de impresionar ao influínte marchante Henry Matthews ata que debuxa o boceto dunha rapaciña que coñeceu un día no parque. Hai un aura mística na pequena, chamada Jennie, que di ter doce anos e viste roupas anticuadas. Adams tenta atopar de novo a Jennie axudado por un amabla taxista: ao fin da de novo con ela no mesmo lugar do parque… convertida nunha preciosa moza. Convence a Jennie de que pose para un retrato no que tenta trasladar súa etérea beleza ao lenzo.

         Jennie volve desaparecer e Adams descobre que foi criada nun convento e que morreu nunha tempestade que castigou unha pequena vila de Nova Inglaterra. El vai alí, agardando reunirse con ela o aniversario da súa morte.

         Jennie é unha película máxica, sobre as fronteiras entre a vida e a morte, o soño e a realidade, a evocación e o presente que presentan, ademais, unha transcendental conclusión antropolóxica: podemos cambiar o futuro, pero nunca o pasado, incluso volvendo a vivir se renova fatalmente a traxectoria iniciada e vivida.

         A película ten unha intensidade poética que comeza xa dende os versos que introducen os créditos: Quen sabe se morrer non será vivir e o que os mortais chaman vida, será a morte? ou esta máxima que explicaría o misterio do retrato do pintor á criatura que viu de entre os mortos: Beleza é verdade, verdade é beleza; é todo o que sabemos na terra e canto precisamos saber.

         A historia de amor que nos narra William Dieterle é orixinal e expresa de forma admirable a condición fugaz do ser humano: non se poden atrapar os instantes do tempo, todo flúe sen descanso, e cando o pintor intenta, arrancar a Jennie do destino, non pode. A traxedia poética se sublima coa permanencia do cadro de Jennie, aínda que non saibamos nunca con certeza se ela foi real ou tan só un soño febril de Eben Adams.

         Unha obra mestra para sempre, por sempre.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s