Meu tío de Jacques Tati


TÍTULO ORIXINAL: Mon oncle.
NACIONALIDADE: Francia e Italia, 1958.
DIRECCIÓN:  Jacques Tati.
PRODUCCIÓN: Jacques Tati.
GUIÓN: Jacques Lagrange, Jean L´Hote e Jacques Tati. FOTOGRAFÍA: Jean Bourgoin.
MONTAXE: Suzanne Baron.
MÚSICA: Franck Barcellini e Alain Romans.
DURACIÓN: 120 minutos.

INTÉRPRETES: Jacques Tati (Monsieur Hulot), Alain Becourt (Gérard Arpel), Jean-Pierre Zola (Señor Arpel), Adrienne Servantie (Señora Arpel), Lucien Fregis (Señor Pichard), Betty Schneider (Betty).

O CAOS COLONIZA A ORDE

En 1953 Jacques Tati creou o personaxe que o faría mundialmente famoso e lembrado ó longo do tempo; Monsieur Hulot será a grande aportación do autor francés á sétima arte e ó humor con maiúsculas.

Desgarvado, camiñando a zancadas cun paraugas, que porta faga chuvia ou sol, un pequeno sombreiro de alas flexibles sobre a cabeza e unha paxariña arredor do pescozo, pantalóns ás troitas baixo os que asoman seus calcetíns de raias e unha pipa da que nunca sae fume e que incluso ás veces sostén nos seus beizos boca abaixo; M. Hulot, este Quijote do século XX, sembrará, coma o seu sosias castelán, o desconcerto alí onde vaia, poñendo patas arriba á ríxida sociedade na que non encaixa, mergullada na voráxine dos avances tecnolóxicos e nos seus costumes cotiáns, pero facéndonos reflexionar a todos sobre cara onde se conduce o mundo.

Precisamente a ruptura da cotidianidade que observamos en As vacacións de M.Hulot, 1953 trala súa chegada á pequena estación termal onde se desenvolve o filme, será un dos leitmotiv da obra cinematográfica de Tati, que se completa coa crítica á atonía das relacións humanas carentes da calidez que se lles supón, á incomunicación e ó progreso que aporta novos xeitos de vida a unha sociedade que muda –xa naqueles tempos- a pasos axigantados.

M. Hulot tornará a aparecer en O meu tío, 1958, esta vez para salvar do tedio máis absoluto ao seu sobriño Gérard, habitante dunha mansión ultramoderna e dun barrio á última en tódolos avances tecnolóxicos, e que el encargarase de poñer patas arriba cos seus despistes –non exentos de certa “mala leche”-, cos seus extraños costumes e con ese aspecto retro, de personaxe saído da máquina do tempo.

Jacques Tati continuará neste filme, a súa fina análise da sociedade do momento e a diagnose de enfermidades do século XX, que tamén o son do século XXI, coma a incomunicación, a supeditación dos seres humanos á tecnoloxía que tronza a comunicación afectiva entre iguais, e a vida dabondo programada dos habitantes das grandes cidades. A través dos seus gags mímicos, do slapstick levado por el ós máis altos cumios –algo non conquerido dende os tempos do cinema mudo, máis que por Mack Sennett, Buster Keaton ou Charles Chaplin-, e do andar escanaveirado do seu alter ego,  o realizador galo consegue arrincarnos un sorriso, e o que é máis difícil, facernos reflexionar sobre o vanais que son as nosas vidas, sobre a nosa infelicidade, sobre a soidade que moitos de nós padecemos nas cidades rodeados de miles de habitantes igual de sós ou sobre o stress –mostrando esta enfermidade social cando ni tan siquera se tiña artellado o termo-.

Tati foi o grande adiantado do seu tempo, un autor que rompeu barreiras de comunicación entre as xentes a través dunha estética e unha ética propias, que fan que todavía hoxe poidamos seguir a aprender do cómico francés e tomar dos seus filmes aspectos para o debate e a introspección.

Cómpre destacar tamén o tema musical do inicio, un dos máis coñecidos da historia e que deu lugar a varias versións algunhas delas con letra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s