Soylent Green de Richard Fleischer


TÍTULO ORIXINAL: Soylent Green.
NACIONALIDADE: EE.UU., 1973.
DIRECCIÓN: Richard Fleischer. PRODUCCIÓN: Walter Seltzer e Russell Thacher. GUIÓN: Stanley R. Greenberg, baseado na novela Make Room! Make Room! De Harry Harrison. FOTOGRAFÍA: Richard H. Kline. MONTAXE: Samuel E. Beetley. MÚSICA: Fred Myrow. DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Edward Carfagno.
DURACIÓN: 97 minutos.
INTÉRPRETES: Charlton Heston (Robert Thorn), Edward G. Robinson (Sol Roth), Joseph Cotten (William R. Simonson), Leight Taylor-Young (Shirl), Chuck Connors (Tab Fielding), Brock Peters (Hatcher), Paula Kelly (Martha), Stephen Young (Gilbert), Whit Bissell (Gobernador Santini), Roy Jenson (Donovan).

A PASTILLIÑA VERDE

No 2022 o futuro do planeta non é moi esperanzador que digamos, semella que se teñen cumprido as teorías formuladas do Malthus hai xa tres séculos. EE.UU é o centro do mundo e Nova York é unha megalópole de máis de 40.000.000 de persoas, fisicamente separados, cunha pequena elite que mantén o control político e económico, con acceso a certos luxos como verduras e carne, e unha maioría arrombada en rúas e edificios onde malvive con auga en garrafas, e dúas variedades de un producto comestible, soylent vermello y soylent amarelo que son a única fonte de alimentación, xa que a producción de alimentos naturais extinguiuse polo efecto invernadoiro. A compañía Soylent é unha empresa que fabrica e prové alimentos procesados de concentrados vexetais. A súa novidade alimentaria é Soylent verde, un composto feito de plancton e algas dos océanos, segundo di a publicidade da empresa.

Robert Thorn (Charlton Heston) é un policía da cidade que vive co seu amigo “Sol” Roth (Edward G. Robinson), un ancián ex profesor que só rememora o pasado, cando o planeta era máis habitable e existía alimento dabondo para todos.

Thorn vese involucrado na investigación do asasinato dun dos principais accionistas da compañía Soylent, William R. Simonson (Joseph Cotten). Alí Thorn recolle uns libros que entrega a seu amigo.

Sol Roth despois de lelos, decide dar fin á súa vida nun lugar chamado O Fogar, mentres agoniza, só acerta a dicirlle a Thorn que siga seu corpo como pista antes de desaparecer. O seguimento do seu cadáver ofrece a Thorn o destino real de todos os corpos humanos, que non é outro que acabar procesados como Soylent verde para seren parte de dicho preparado alimenticio.

Nas décadas dos anos 60 e 70 puxéronse de moda, toda unha serie de películas de ciencia ficción que propuñan visións distópicas da terra nun futuro non lonxano. Soylent Green (ou coma se traduciu en España, Cando o destino nos alcance) é un exemplo senlleiro deste tipo de filmes, de coma os homes coa nosa irreflexión, podemos chegar a destruír o planeta que nos alimenta e da acubillo, esgotar completamente os seus recursos e finalmente comernos os uns aos outros nunha roda sen fin de destrucción e desesperanza. O perverso da proposta fílmica que aquí se fai é que tanto incumprimento do protocolo de Kioto, tantos cumios do planeta fallidos, tanta deforestación do Amazonas fai que a utopía perversa de Richard Fleischer poida chegar a cumprise. Por se acaso, Bo apetito!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s