Offrett de Andrej Tarkovskij


TÍTULO ORIXINAL: Offret.
NACIONALIDADE: Suecia/Francia, 1986.
DIRECCIÓN: Andrej Tarkovskij.
PRODUCCIÓN: Anna-Lena Wibon.
GUIÓN: Andrej Tarkovskij.
FOTOGRAFÍA: Sven Nykvist. MONTAXE: Andrej Tarkovskij e M. Laszczylowski. MÚSICA: J.S.Bach e temas musicais suecos e xaponeses.
DURACIÓN: 145 minutos.

INTÉRPRETES: Erland Josephson (Alexander), Susan Fleetwood (Adelaida), Valerie Mairesse (Xulia), Allan Endwall (Otto), Gudrun Gisladottir (María), Sven Wollter (Víctor), Filippa Franzen (Marta, Tommy Kjellquist (O home cativo).

 

UN OFRECIMENTO DE AMOR PERENNE

Alexander, dramaturgo e ensaísta de éxito, convertido en distinguido crítico teatral, abandona o éxito para irse a vivir a unha pequena casa retirada preto do mar. O día que celebra o seu aniversario de súpeto treme a terra, uns avións de combate resgan o ceo e rompen o clima de reunión; na televisión anuncian o comezo dunha conflagración mundial na que as armas nucleares serán empregadas. Alexander reza postrado de xeonllos, pídelle a Deus que pare a guerra, a cambio fai voto de non volver falar e renunciar a tódalas súas posesións; casa, afectos, familia. Otto, o carteiro do pobo, ofreceralle unha solución: Alexander, debe pasar a noite cunha das serventas, á que se lle supoñen poderes paranormais e a guerra rematará.
Sacrificio é a derradeira película do director ruso Andrei Tarkovskij, morto pouco tempo despois. O filme rodouse en Suecia, xa que seu autor marchara, a causa das súas ideas, da URSS. Podemos dicir que o cine de Tarkovskij son diálogos rodados, a imaxe, case estática é só o soporte sobre o que mostrar a súa visión do mundo, as profundas motivacións filosóficas que o moven e conmoven.

Ortega definiu a metafísica como : A procura da certidume radical acerca da realidade radical. Nese sentido o cine de Tarkovskij pode cualificarse coma metafísico; polas profundas análises sobre a angustia do home, a ansia do transcendente, as interrogantes sobre a existencia mesma do ser humano e procura da espiritualidade.

Fotografada magnificamente por Sven Nykvist, o operador habitual das películas de Bergman, Sacrificio quere responder a tres cuestións que en momentos de tribulación atormentan a algúns seres humanos:

  • Pode existir a solidariedade humana universal?
  • Existe un Deus capaz de escoitar as nosas pregarias?
  • Como responder á angustia da morte, ao misterio do amor, ao sobrenatural?

O director ruso que adiviñaba o seu pronto falecemento por un cancro non da resposta total a esas preguntas pero deixa que un hálito de esperanza flote no aire, a través do relato do monxe e a árbore seca, que durante tres anos regou tódolos días e que finalmente floreceu debido á fe, que nas milagres e poder de Deus tiña o cenobita.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s