O manancial da doncela de Ingmar Bergman


TÍTULO ORIXINAL: Jungfrukällan.
NACIONALIDADE: Suecia, 1960.
DIRECCIÓN: Ingmar Bergman
PRODUCTOR: Ingmar Bergman y Allan Ekelund. GUIÓN: Ulla Isaksson. FOTOGRAFÍA: Sven Nykvist. MONTAXE: Oscar Rosander.
MÚSICA: Eric Nordgren.
DURACIÓN:  89 minutos.

INTÉRPRETES: Max Von Sydow (Töre), Birgitta Valberg (Märetta), Gunnel Lindblom (Ingrid), Birgitta Pettersson (Karin), Axel Düberg (Delgado), Tor Isedal (Mudo), Allan Edwall (El desarrapado), Ove Porath (Niño), Axel Slangus (Vigilante del puente), Gudrun Brost (Frida), Oscar Ljung (Simón).

UNHA DELICADA FLOR ENTRE AS BESTAS

O manancial da doncela, 1960 xunto con O sétimo selo, 1956 constitúen unha visión persoal e mestra que da Idade Media fixo Ingmar Bergman e que catapultaría ao realizador sueco ata a consideración e respecto internacional. Este filme en concreto, gañou tanto o Oscar como el Globo de Oro de 1961 á mellor película de fala non inglesa e a mención especial do Festival de Cannes do ano anterior.

  Baseado nunha lenda tradicional nórdica, narra a historia de un rico granxeiro –na lenda o rei Töre-  que envía a súa filla a facer unha ofrenda de cirios ao altar da Virxe situado nunha igrexa distante e que como é tradición, tódolos veráns leva unha doncela. Acompañando a Karin, vai Ingrid, unha moza grávida acollida polo campesiño e que odia secretamente á nena. Esta abandona a Karin antes de cruzar o bosque, que prosegue seu camiño soa atopándose cuns pastores que, aínda que afables nun principio, finalmente a atacan salvaxemente violándoa e asasinándoa despois, quedando coas súas roupas despois de consumada a ultraxe. Os pastores seguen seu camiño e andando a noite chegan a unha granxa onde piden aloxamento, pagando a comida e o leito co vestido ensanguentado da cativa; sen embargo, a granxa onde se refuxian é a do pai de Karin, que recoñece as roupas da súa filla; este mata aos tres pastores á mañá seguinte. Cando chega ao lugar onde xace a nena e levanta o corpo para darlle sepultura, brota alí un manancial de auga pura e o pai promete edificar unha igrexa.

Ingmar Bergman é autor dunha filmografía chea de imaxes poéticas e alegóricas, cargadas de relixiosidade -como ocorría co gran director danés Karl Theodor Dreyer, co que comparte non só cercanía xeográfica senón, como vemos tamén estética e temática- que supón un sopro de aire fresco no cine que se facía neses momentos, a posta en escena dos seus filmes é moi visual, na cal o que se ve e o que non se di teñen máis importancia se cadra que as palabras pronunciadas polos protagonistas.

As propostas filosóficas do director sueco están presentes neste filme e foron obxecto de debate nos anos 60, relatos arredor da existencia de Deus, do significado da vida e da morte, en torno á dicotomía entre a relixión e o paganismo. Quizais sexa este o filme máis cristián do director, no cal a relixiosidade está máis implícita. A lenda posúe claros tintes cristiáns e todo son referencias á esta iconografía; dende a cena en casa de Töre que recorda, en cuanto á escenografía, á Derradeira Cena de Xesuscristo de pintores como Mantenga o Leonardo, ata a morte dun dos pastores que queda encaixado entre os madeiros da teitume adoptando a posición do Cristo crucificado,  ou a presencia implícita e explícita, a través das imaxes e tamén dos rezos dos protagonistas, de Deus (soños da madre; arrepentimento do pai trala morte dos asasinos da súa filla, imaxe de Cristo na cruz na penumbra pouco antes do desenlace final). Tamén na película faise un prantexamento das dúas visións que na Idade Media existían de Deus, o Deus cruel e vingativo (Märetta) e o Deus misericordioso e cheo de bondade (Töre).

El manancial da doncela, 1960 é unha película cargada de encadres diferentes –cando os asasinos lle arrincan as roupas á moza, toda a escena se observa nun plano de conxunto bastante alonxado, case a vista de paxaro, oculta a acción practicamente polas ramas das árbores- de escenas de gran dureza como a violación da nena na que apenas si se escoita un grito ou a morte dos 3 pastores. Todo iso dominado por un misticismo de raíz protestante e unha introspección, que foi o que lle deu verdadeiro prestixio a este director.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s