John Ford segue emocionando


Todos os anos os alumnos de 4º curso de secundaria visionan dúas películas de John Ford. As dúas analizan aspectos explicados en clase e serven para cimentar os coñecementos adquiridos ao longo do trimestre.

A primeira do curso é Que verde era meu val!, que coma mandan os cánones, se proxecta en versión orixinal subtitulada. O filme exemplifica as transformacións orixinadas pola Revolución Industrial e achega aos alumnos as consecuencias sociais e económicas do proceso.

Non habería espacio abondo no blog para que este profesor glosara as excelencias do director norteamericano e a súa obra; tampouco se poden poñer negro sobre branco as expresións, as emocións que os alumnos transmiten durante o visionado do filme. A linguaxe cinematográfica é universal, atemporal, chega a todas aquelas persoas de paradigma occidental, demostrando o cine que é unha arte porque, do mesmo xeito que nos produce placer contemplar unha obra escultórica ou pictórica de fai cincocentos anos, sen que sexa preciso un intermediario -como non ocorre coa arte contemporánea- para comprendela, unha película coma esta, de máis de setenta anos, segue chegando ao corazón e as mentes de mozos de quince anos inmersos na era cibernética.

Entre as cuestións relativas a diversos aspectos tratados no filme que o alumnado tivo que contestar, está a opinión persoal e algunhas paga a pena editalas, para ver como John Ford segue a estar moi vixente.

Un crítico cinematográfico dixo fai moitos anos Muera Ford, Viva Wyler! Eu digo, que vivan os dous.

Os alumnos que publican as súas opinións persoais son Javier Lagoa e Laura Vidal de 4ºESO A e Helena Coya de 4ºESO B.

Si, hei de recoñecer que ao principio non me gustaba nada, pero a medida que o filme avanzaba, íame empatizando co pequeño Huw e parecíame xa moi bonita, salvo polo de leer [os subtítulos] todo o tempo.
O final pareceume moi emotivo e triste, podería rematar doutra forma, non tan melancolicamente, pero a película gustoume moito, aínda que no que menos me fixei foi nos obreiros e nas súas protestas, sen embargo despois, o penso e doume conta de que o visto son capaz de enlazalo co dado na clase.

Javier Lagoa Navarrete 4ºESO GrupoA.

LÓXICAMENTE MERECE UN DEZ! Pareceume unha película marabillosa, encantoume, xa que a historia era moi triste e conmovedora, e vendo ese tipo de películas e cando nos paramos a pensar na sorte que temos agora. Por outro lado, explica moi ben o que dimos neste tema da Revolución Industrial, e inconscientemente grazas á película todos temos unha idea do que sucedeu naquela época, ata os que non queren estudar, porque a película mostra moi ben o modo de vida que tiñan os traballadores e o que tiñan que facer para sobrevivir.
Sinceramente encantoume, e se por min fora miraríana mil veces máis.

Laura Vidal Paz 4ºESO Grupo A.

Dende o meu punto de vista a película está moi ben rodada para ser tan antiga, sorprendeume o ben feita que estaba. No argumento, como xa dixen antes, vese moi ben o abuso por parte dos patróns e as consecuencias destes abusos descontrolados. Tamén esta moi ben captado o punto de vista dende o que enfoca o director a emigración,obrigada, das persoas que quedan no paro. Ao estar focalizado nunha mina dun val só se pode leer entre lineas as durísimas condicións de traballo que traen consigo un tremendo desgaste tanto físico como psíquico (como exemplo máis claro disto o boxeador cego e alcohólico) mais non se ve claramente senón que haino que deducir.
Parécenme moi interesantes os momentos de drama e de tensión cando soa a serea na mina avisando dun accidente, dan un punto dramático a película que queda estupendo.

Helena Coya Nerga 4ºESO Grupo B.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s