Outro xeito de ver a meteoroloxía


Entre as actividades realizadas polos alumnos de 3ºESO en relación coa aprendizaxe dos rudimentos da meteoroloxía e climatoloxía, unha das máis creativas foi a redacción dun texto onde, partindo dos coñecementos previos sobre a formación de frontes, nubes, precipitacións etc, o alumnado debía escribir unha historia que tivera coma protagonistas a eses elementos da atmosfera, tan importantes para a nosa vida.

Non todos se esforzaron, nin todos quixeron editar as súas redaccións no blog.

Nembargantes, sempre hai alguén que gosta de participar. O autor deste texto é un alumno de 3ºESO B, Antonio Martínez Pazó e analiza coma se forman as pingas de chuvia nunha nube. Noraboa e gracias polo esforzo.

Había unha vez unha pinga de auga nacida nunha nube moi nova. Chamábase Vanesa e era moi pobre.Esta pinga sentíase moi miserable, pois cada certo tempo estalaba unha migración de conxéneres súas cara a Terra e nunca era elixida. De feito, aínda recorda cando escolleron a seu irmán para emigrar, como se sentiu…, e sempre entristecíase ao pensalo-. Ao non ter fogar, viaxaba moito pola nube; coñecía a todo o mundo da nube, fose novos ou vellos.Traballaba de guía turística na nube, mais sentíase soa, pois non tiña noivo.
Un día, coñeceu a un novo habitante no traballo, nunca sentira un desexo tan forte por xuntarse con alguén, e sorprendeuse moito. Empezou a falarlle a escondidas na guía, descubrindo moito del: chamábase Armando, era profesor noutra nube e xa migrara unha vez. Déronse os números de teléfono e despedíronse. Co paso do tempo comezaron a saír, e Vanesa nunca estivera tan feliz.
Uns anos despois nin lle preocupaba migrar ou non;ate que un día Armando acabou migrando outra vez. Vanesa entristeceuse tanto que xa non quería vivir. Sen embargo… como podería suicidarse sendo unha pinga ¿?
Ao final decidiu que era imposible, e continuou coa súa miserable existencia ate que, andando o tempo,tamén migrou.

                                                                            Antonio Martínez Pazó 3ºESO Grupo B.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s