Día de festa de Jacques Tati


TÍTULO ORIXINAL: Jour de fête.
NACIONALIDADE: Francia, 1949.
DIRECCIÓN: Jacques Tati.
PRODUCCIÓN: Fred Orain.
GUIÓN: Henri Marquet, René Wheeler e Jacques Tati. FOTOGRAFÍA: Jacques Sauvageot y Jacques Mercanton. MONTAXE: Marcel Moreau. DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Jacques Tati y Henri Marquet. DECORADOS: René Moulaert. DURACIÓN: 70 minutos.
INTÉRPRETES: Jacques Tati (François, o carteiro), Guy Decomble (Roger), Paul Frankeur (Marcel), Santa Relli (A muller de Roger), Maine Vallee (Jeannette), Delcassan (O charlatán), Roger Rafal (O perruqueiro) e os habitantes de S. Sévere-Sur-Indre.

A LOMOS DUN ROCINANTE-BICICLETA 
No 2003 celebrase o 50 cabodano do nacemento para o cinema de Monsieur Hulot, personaxe creado por Jacques Tati que o fixo mundialmente famoso e que converteu ó seu filme As vacacións de M. Hulot nun clásico do cinema cómico.
 A primera delas é Día de festa na cal Tati comeza a desenvolver a súa particular concepción visual e estética do humor cargada de chiscos ós grandes mestres do cinema mudo, coma Buster Keaton e Chaplin. A partires dun pintoresquismo campestre, o filme convértese no reflexo dunha sociedade rural pechada –a vila de Follainville- afanada nos preparativos das súas festas, sucedéndose toda unha serie de gags cómicos cheos de tenrura e simplicidade -que non simplismo-, protagonizados na súa maioría por François, o carteiro. O ritmo lento e cadencioso do devir cotián na vila, alonxada da modernidade, é respectado por el, que reparte as cartas seguindo a parsimonia obrigada. Nembargantes, este entorno paradisíaco québrase no momento que se proxecta na vila unha reportaxe sobre o servicio de correos dos EE.UU., onde se utilizan helicópteros para facer chegar as cartas aos lugares más inaccesibles no máis curto espacio de tempo. Esta entrada do progreso, da tecnoloxía, así de súpeto na aldea, fará que o coitado François a lomos da súa bicicleta, acelere o ritmo de entrega do correo producíndose máis dunha situación comprometida.
Procedente do mimo e do music-hall, Tati chegou ao cine da man de René Clement, ao que substituíu como director en L´ecole des facteurs, 1947. A partir de aquí enceta a curta –tan só 6 películas- pero fructífera carreira cinematográfica do autor nacido en Le Pecq, escribindo, dirixindo e protagonizando filmes ao longo de tres décadas. Nesta película encontramos xa o xerme de toda a súa obra, caracterizada por unha crítica do progreso entendido como incomunicación entre seres humanos, converténdose nun dos máis lúcidos observadores de: “los modos de vida y las relaciones humanas en la sociedad entre los años cuarenta y setenta, y que sirve de diagnóstico para las décadas siguientes”, como afirma Manolo Marinero.
Tati foi quen de crear universos únicos e persoais, e desenvolver un humor moi físico, mímico, herdeiro de Max Linder, Keaton ou Chaplin, introducindo nas súas películas longos momentos de silencio onde os actores se expresan mediante xestos moi do gusto do cine silente de comezos do século pasado. O emprego da banda sonora coma elemento da narración será outro dos elementos que caracterice seu cine favorecendo esa labor de “paisaxista moral” tan querida por el. Tati foi un dos creadores da broma visual intelixente, del slapstick, de gags froito dun traballo de coreografía moi elaborado, para a través do humor e a farsa chegar ao fondo das enfermidades sociais dos nosos tempos. Precisamente isto é o que fai a súa mensaxe universal e vixente na actualidade; as sociedades feridas, cegas e xordas necesitan de máis Taties para se rexenerar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s