Vento nas velas de Alexander Mackendrick


TÍTULO ORIXINAL: A high wind in Jamaica. NACIONALIDADE: Gran Bretaña, 1965.
DIRECCIÓN:  Alexander Mackendrick. PRODUCCIÓN: John Croydon.
GUIÓN: Stanley Mann, Ronald Harwood e Denis Cannan. FOTOGRAFÍA: Douglas Slocombe.
MONTAXE: Derek York. MÚSICA: Larry Adler.
DURACIÓN: 103 minutos.
INTÉRPRETES: Deborah Baxter (Emily), Anthony Quinn (Chávez), James Coburn (Zac), Isabel Dean (Alice Thornton), Nigel Davenport (Frederick Thornton), Gert Fröbe (Capitán Vandervort del Brunhilde), Lila Kedrova (Rosa), Dennis Price (Mathias), Benito Carruthers (Alberto), Martin Amis (John).

A TERRIBLE CRUELDADE DOS NENOS
Dicir que Alexander Mackendrick é un dos grandes directores da historia é, dende logo dicir unha obviedade. A súa carreira está inzada de boas películas, algunhas realizadas para a Ealing, a famosa productora británica especializada en comedias, e outras dun corte máis persoal, onde os nenos e a súa percepción da vida, mestura de candidez e crueldade, son os protagonistas. Vento nas velas é un destes filmes, unha historia de xentes de mar nas mornas augas do Caribe, unha historia de “piratas”, para quen o mar tamén é seu medio de vida e que ven destruído seu mundo, pola irrupción dun grupo de cativos que van cambiar as súas vidas para sempre.
Adaptación da famosa novela de Richard Hughes, Vento nas velas pecha a triloxía infantil rodada polo director norteamericano en Gran Bretaña, que se completa con Mandy, 1952, encol os problemas psicolóxicos plantexados por unha nena sordomuda e Fuxida cara o sur, 1963, que narra o percorrido dende Port Said ata Durban, dun orfo británico de dez anos na procura da súa tía. A historia fálanos da bondade –neste caso encarnada polo xefe dos piratas, papel interpretado por Anthony Quinn- e a crueldade –representada polos nenos e en concreto pola filla maior, que interpreta Deborah Baxter, que consegue que aforquen a tódolos piratas, presa dunha crise nerviosa, por un crime que só ela cometera-. O resultado é este insólito filme de piratas  do século XIX, que demostra que ás veces os nenos poden ser máis feroces cos peores piratas, aínda que o filme non sexa nada máis que a recreación dunha ficción que permite a Mackendrick reflexionar sobre a verdadeira natureza do ser humán, sobre os seus medos, seus odios, sobre todo aquilo que nos asusta pero co que temos que convivir.
A sobrancear a magnífica actuación de Anthony Quinn que chega a ter pola nena, causa logo da súa morte, un verdadeiro amor filial -algúns quixeron ver un amor romántico entre os dous, aínda que o director non o deixa claro- e sobre de todo a fermosísima banda sonora de Larry Adler, cuxa canción dos créditos é unha das mellores composicións realizadas para calquera filme.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s