Manhattan de Woody Allen


TÍTULO ORIXINAL: Manhattan
NACIONALIDADE: EE.UU, 1979.
DIRECCIÓN: Woody Allen.
PRODUCCIÓN: Jack Rollins-Charles H. Joffe /Metro Goldwyn Mayer.
PRODUCTOR: Charles H. Joffe. GUIÓN: Woody Allen e Marshall Brickman.FOTOGRAFÍA: Gordon Willis, B/N. MÚSICA: George Gershwin “Rapsody in blue”. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Fredric B. Blankfein. DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Mel Bourne. VESTIARIO: Albert Wolsky. MAQUILLAXE: Fern Buchner.
INTÉRPRETES: Woody Allen (Isaac Davis), Diane Keaton (Mary Wilke), Michael Murphy (Yale), Mariel Hemingway (Tracy), Meryl Streep (Jill), Anne Byrne (Emily), Karen Ludwig (Connie), Michael O´Donoghue (Dennis), Victor Truro (invitado), Tisa Farrow (invitada).

UNHA HOMENAXE Á CIDADE DOS RAÑACEOS
Despois do importante éxito conquerido con Annie Hall, Woody Allen seguiu afondando no tema das relacións humanas en Manhattan, unha das grandes películas do director. Manhattan constitúe unha síntese da temática desenrolada en Interiores e na anteriormente citada Annie Hall, como o mesmo director confesou en máis dunha entrevista; unha mestura de drama e comedia. Pero Manhattan é tamén unha homenaxe a súa querida cidade de Nova York, tema recurrente en tantas e tantas películas de Allen; case podería dicirse que os primeiros planos do filme forman parte dunha reportaxe publicitaria da gran mazá e do seu distrito máis coñecido e mil veces fotografado; planos acompañados da Rapsodia en azul de George Gershwin, a composición máis coñecida do músico e outra homenaxe á cidade.
Nembargantes, o filme é algo máis, é unha visión do amor, dos sentimentos, da vida das parellas e os seus anceios nun ambiente urbán, e dentro dunha das cidades máis deshumanizadas do planeta; tódolos temas recorrentes nas películas do director norteamericano atópanse nesta: a comunicación entre seres humanos, o sexo, a relixión, o psicanálise… tratados cunha ironía e sarcasmo non exentos de fonda crítica social. Como tantos filmes de Allen, este supón un moi detallado retrato sobre unha época e un lugar determinado do planeta.
Así dende un principio o autor tentou afondar no lado máis humano das cousas, quizais por iso elixiu o branco e negro, magnificamente empregado por Gordon Willis, non quería que nada perturbase a verdadeira finalidade do filme, contar unha historia sobre persoas nunha cidade alienante. A decisión de rodar en Panavision hai que entendela dentro da súa procura por mostrar a verdadeira dimensión 
da cidade á beira do Hudson.
Foi o propio Woody Allen quen dixo que tentaba que Manhattan fose unha “metáfora sobre todo o erróneo da nosa cultura” e unha reflexión sobre o problema que supón tentar vivir unha vida ética nunha cidade que según el é “insensible debido á televisión, as drogas, comida rápida, música, a falta de sentimentos e a práctica rutinaria do sexo”.
Nada no filme está empregado ó chou; dende o reparto coa  súa actriz “fetiche” Diane Keaton ou a moi reseñable actuación de Mariel Hemingway, pasando pola fotografía en branco e negro ou a música de tintes “jazzísticos”, todo serve para mostrar ese romance eterno de Allen con Nova York, pero non tanto a través das palabras coma mediante planos largos e contraplanos que transmiten o verdadeiro ritmo dunha cidade frenética, o amor sincero dun home polo lugar onde vive e que fainos pensar que ninguén mellor que el, que ninguén con máis facilidade pero con máis profundidade tamén, foi quen de mostrar a alma e o corazón dunha cidade imposible e fermosa á vez.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s