O maquinista da Xeneral de Buster Keaton


TÍTULO ORIXINAL: The General.
NACIONALIDADE: EE.UU., 1927.
DIRECCIÓN: Buster Keaton e Clyde Bruckman. PRODUCCIÓN: United Artists.
PRODUCTOR: Joseph M. Schenck. GUIÓN: Al Boarsberg, Charles Smith, Joseph A. Mitchell, Clyde Bruckman e Buster Keaton.
FOTOGRAFÍA: J. Devereux Jennigs e Bert Haines (B/N). EFECTOS ESPECIAIS: Denver-Harmon. MONTAXE: J. Sherman Kell y Harry Barnes. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Tom Neal. DECORADOS: Fred Gabourie.
INTÉRPRETES: Buster Keaton (Johnny Gray), Marian Mack (Annabelle Lee), Glenn Cavender (Capitán Anderson), Jim Farley (General Thatcher), Frederick Vroom (General sudista), Charles Smith (Padre de Annabelle), Frank Barnes (Hermano de Annabelle), Joe Keaton, Mike Donlin y Tom Nawm (Oficiais nordistas), Frank Agney e Ross McCutcheon.

O HOME QUE NUNCA SORRÍA
Buster Keaton monopolizou xunto a Charles Chaplin o cine de humor norteamericano dos anos 20, e O maquinista da General é sobre de todo unha película de humor, unha comedia herdeira dos mellores “gags” de Mack Sennett.
Baseada segundo parece nun feito real, o filme narra os avatares que ten que pasar o mozo Johnny Gray para rescatar a súa locomotora capturada polo inimigo durante a Guerra de Secesión e de paso converterse nun heroe, e gañarse o respecto dos seus concidadáns e o amor da súa noiva –a segunda cousa que máis quería no mundo despois da súa General- que o tiña por un covarde.
Como en calquera película de humor de aqueles anos o argumento, sinxelo, queda difuminado baixo a importancia que teñen as situacións cómicas que se suceden ó longo da metraxe –o cine silente potenciaba, coma non podía ser doutro xeito, o visual por riba do argumental- e converten a O maquinista nunca das mellores películas do xénero. Atopámonos ante unha “road movie” sobre raís, sacudida polo traqueteo e o ritmo vertixinoso que imprimen as locomotoras; filmes posteriores deberanlle moito a este, non só en canto o empréstito de ideas –lembremos a secuencia do tren en On irmáns Marx no oeste cando van desmontando os vagóns para alimenta-la caldeira da súa locomotora e que é semellante a unha desta película- senón tamén no que se refire a rodaxe de escenas con grande cantidade de extras e profusión de medios; baste dicir que o tren que se precipita ao vacío ó fin da metraxe non é ningunha maqueta, o que fala da capacidade económica que xa tiña o Hollywood dos anos 20 coma industria.
Buster Keaton alcanzou grande popularidade nesta década, as súas películas O navegante, O cameraman ou O maquinista foron grandes éxitos comerciais rivalizando con Chaplin non só no eido cinematográfico senón tamén no intelectual. Interpretando sempre o mesmo personaxe, un home apocado, superado polas situacións que lle toca vivir, honesto e afouto, cheo de ternura mais inmutable e serio, Keaton gañou ó público a través dun humor se cadra menos directo e emotivo co de Charlot pero de grande riqueza creativa.
Tense comentado que a productora prohibía a Buster Keaton sorrir de aí o mote de “Cara de pau” ou “Pamplinas” como foi coñecido nos países de fala hispana, sexa certo ou non, do que foi capaz Keaton é de construír un personaxe que nas palabras de Eduard José representa “a galanura do pobre, a parquedade de acenos e a loita en solitario”. Poderiamos engadir tamén que conqueriu criar ese personaxe xenuíno que todo actor anceia interpretar e ser ademais lembrado por el ao cabo dos anos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s