Olimpíadas 2015


BASES VI OLIMPÍADAS.

Un cadáver na biblioteca

  1. O concurso consistirá en responder ás preguntas que se publiquen cada día no taboleiro de anuncios da biblioteca. (Poderase obter unha copia da pregunta na mesma biblioteca). Tamén será posible participar a través do blog da biblioteca http://www.bibliomariasolinho.wordpress.com.

  2. Poderá participar todo o alumnado matriculado no Centro formando equipos de tres membros como máximo.

  3. A inscrición realizarase entre os días 7 e 13 de abril de 2015, ambos inclusive, cubrindo o formulario de inscrición que haberá na biblioteca ou no blog http://www.bibliomariasolinho.wordpress.com.

  4. A duración do concurso será de dúas semanas dende o 13 de abril ata o 24 de abril.

  5. As preguntas de cada día deberán ser contestadas antes de que remate o primeiro recreo do día seguinte cubrindo o formulario que se atopará na biblioteca e entregándoo sempre a un profesor responsable da mesma ou entrando no blog da biblioteca.

  6. Na primeira semana de luns a xoves sairán publicadas preguntas que versarán sobre cuestións relacionados co tema da Olimpíada.

    O mércores 15 sairán publicadas unha lista de preguntas encadeadas que deberán ser resoltas antes de que remate o 2º recreo do luns 20.

    Durante a segunda semana, os días 20, 21, 22 e 23 coa pregunta do día darase tamén unha pista que permitirá chegar a un personaxe oculto.

  7. Por cada pregunta diaria correctamente contestada obteranse 2 puntos.

    Cada acerto nas tres primeiras preguntas encadeadas sumará 1 punto, resolver a última suporá 3 puntos.

    Se se acerta o personaxe oculto coa primeira pista obteranse 5 puntos, coa segunda, 4 puntos, coa terceira, 3 puntos e coa cuarta 2 puntos, pero por cada erro nesta proba descontarase 1 punto. A puntuación máxima será polo tanto 27 puntos.

  8. En caso de empate entre equipos que opten ao primeiro premio celebrarase un desempate que consistirá nunha nova pregunta que se publicará no taboleiro de anuncios da biblioteca no recreo do xoves 30 de abril. Gañará o equipo que antes entregue a resposta correcta.

  9. Establécese un único premio para o 1º equipo clasificado de 100 euros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s