NOVIDADES DE CINE

Xa podes disfrutar na biblioteca dunha nova película:

EL RETRATO DE DORIAN GREY

el-retrato-de-dorian-gray-cartel1Dorian Gray (Ben Barnes) é un novo aristócrata moi atractivo que, despois de pasar unha solitaria adolescencia no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, mergúllase nela da man de Lord Henry Wottom (Colin *Firth), que o conduce aos antros máis recónditos e*sórdidos da cidade. Ao novo fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de Wotton. Por outra banda, a súa obsesión por alcanzar a eterna mocidade impúlsao a facer un pacto co diaño: el manterase sempre novo, pero as pegadas da súa degradación física e moral reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo o pintor Basil Hallward (Ben Chaplin). (FILMAFFINITY)

Director: Oliver Parker

Reparto: Ben Barnes, Colin Firth, Rebecca Hall, Rachel Hurd-Wood, Ben Chaplin, Emilia Fox, Caroline Goodall, Fiona Shaw, Maryam d’Abo, Douglas Henshall, Michael Culkin, Johnny Harris

Para saber máis sobre a peli …… Fotogramas , Filmaffinity

Trailer:

Entrevista co director e o protagonista:

Advertisements

NOVIDADES

Emocionáchesche coa saga “EL CORREDOE DEL LABERINTO”…………….. pois xa podes atopar na túa biblioteca a precuela que conta a orixe da historia.

EL DESTELLO

ElDestelloASÍ SE AFUNDIU A VIDA DE MARK:

PRIMEIRO foron as erupcións solares, que mataron a millóns de persoas, entre elas á súa familia.

SEGUNDO, as inundacións, escaseza de alimentos e unha calor insoportable.

TERCEIRO, os sobreviventes decidiron salvarse… custe o que custe.

CUARTO, agora un virus empezou a propagarse. Ninguén sabe as súas orixes nin o remedio, só que produce a tolemia e cousas peores. Xa lle puxeron nome. Chámano o Escintileo.

NOVIDADES

SAGA “EL CORREDOR DEL LABERINTO” de James Dashner.

Xa podes atopar na túa biblioteca os libros desta interesante saga.

1.EL CORREDOR DEL LABERINTO
«Benvido ao Claro. Verás que unha vez á semana, sempre o mesmo día e á mesma hora, chégannos vívereElCorredors. Unha vez ao mes, sempre o mesmo día e á mesma hora, aparece un novo mozo, como ti. Sempre un mozo. Como ves, este lugar está cercado por muros de pedra? Has de saber que estes muros se abren pola mañá e péchanse pola noite, sempre á hora exacta. Alén atópase o labirinto. De noite, as portas péchanse? e, se queres sobrevivir, non debes estar alí para entón».

 

 

2.LAS PRUEBAS

«Resolver o labirinto supúñase que era o final. Non máis probas, non máis fuxidas. Thomas cría que saír significaba que todos recobrarían as súas vidas, pero ningún sabía a que clase de vida estaban a volver. Árida e carbonizada, gran parte da terra é un territorio inservible. O sol aLasPruebasbrasa, os gobernos caeron e unha misteriosa enfermidade foise apoderando aos poucos da xente. As súas causas son descoñecidas; o seu resultado, a tolemia.Nun lugar infestado de miseria e ruína, Thomas coñece a unha moza que asegura contraer a enfermidade e estar a piques de sucumbir aos seus efectos. Namentres, Teresa desapareceu, a organización CRUEL deixoulles unha mensaxe, un misterioso mozo chegou e alguén tatuou unhas palabras nos pescozos dos clarianos. A de Minho di “o líder”; a de Thomas, “o que debe ser asasinado”».

3.LA CURA MORTAL

«Desde fai tres semanas, Thomas vive nunha habitación sen xanelas, dun branco resplandecente e sempre iluminada. Sen reloxo e sen contacto con ninguén, máis aló das

LaCuratres bandexas de comida que alguén lle leva a diario (aínda que a horas distintas, como para desorientalo).

Ao vixésimo sexto día, a porta ábrese e un home condúcelle a unha sala chea de vellos amigos.

– Moi ben, damas e cabaleiros. Estades a piques de recuperar todos os vosos recordos. Até o último deles».

Se queres coñecer máis sobre o autor desta saga preme no seguinte enlace:

James Dashner