NOVIDADES


SAGA “EL CORREDOR DEL LABERINTO” de James Dashner.

Xa podes atopar na túa biblioteca os libros desta interesante saga.

1.EL CORREDOR DEL LABERINTO
«Benvido ao Claro. Verás que unha vez á semana, sempre o mesmo día e á mesma hora, chégannos vívereElCorredors. Unha vez ao mes, sempre o mesmo día e á mesma hora, aparece un novo mozo, como ti. Sempre un mozo. Como ves, este lugar está cercado por muros de pedra? Has de saber que estes muros se abren pola mañá e péchanse pola noite, sempre á hora exacta. Alén atópase o labirinto. De noite, as portas péchanse? e, se queres sobrevivir, non debes estar alí para entón».

 

 

2.LAS PRUEBAS

«Resolver o labirinto supúñase que era o final. Non máis probas, non máis fuxidas. Thomas cría que saír significaba que todos recobrarían as súas vidas, pero ningún sabía a que clase de vida estaban a volver. Árida e carbonizada, gran parte da terra é un territorio inservible. O sol aLasPruebasbrasa, os gobernos caeron e unha misteriosa enfermidade foise apoderando aos poucos da xente. As súas causas son descoñecidas; o seu resultado, a tolemia.Nun lugar infestado de miseria e ruína, Thomas coñece a unha moza que asegura contraer a enfermidade e estar a piques de sucumbir aos seus efectos. Namentres, Teresa desapareceu, a organización CRUEL deixoulles unha mensaxe, un misterioso mozo chegou e alguén tatuou unhas palabras nos pescozos dos clarianos. A de Minho di “o líder”; a de Thomas, “o que debe ser asasinado”».

3.LA CURA MORTAL

«Desde fai tres semanas, Thomas vive nunha habitación sen xanelas, dun branco resplandecente e sempre iluminada. Sen reloxo e sen contacto con ninguén, máis aló das

LaCuratres bandexas de comida que alguén lle leva a diario (aínda que a horas distintas, como para desorientalo).

Ao vixésimo sexto día, a porta ábrese e un home condúcelle a unha sala chea de vellos amigos.

– Moi ben, damas e cabaleiros. Estades a piques de recuperar todos os vosos recordos. Até o último deles».

Se queres coñecer máis sobre o autor desta saga preme no seguinte enlace:

James Dashner

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s