Novidades

Xa podes disfrutar na nosa bilioteca de dous novos libros da autora galega Ledicia Costas.

LediciaCostas

O primeiro dos títulos que recomendamos é “RECINTO GRIS”.

RecintoGris“… a historia dunha meniña que, debido á súa peculiar personalidade, é recluída pola forza
nun recinto afastado da sociedade cando un exército de lobos irrompe na súa cidade, decidido a acabar con
todas aquelas persoas que representan unha ameaza para a imposición da súa tiranía, polo seu comportamento ou polos seus dotes diferenciais.
Os lobos, a pesar do seu corpo humano, preséntanse coa cabeza das bestas, con armas e uniformes escuros marcados con letras vermellas, para mostrar o seu poder e inspirar o medo ao irracional tanto entre as persoas que apresan coma entre os seus familiares
e amigos, que son incapaces de reaccionar ou revelarse contra a inxustiza….”  (Alba Rozas. Xerais.)

A outra interesante historia é “ESCRLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA”.

Escarlatina“… a problemática duns pais que non se poden permitir mercar un bo agasallo de aniversario para o seu fillo Román, debido á situación laboral inestable que están a sufrir…. Ao redor dese agasallo do que falabamos, un curso de cociña que cobra vida en forma da nena chamada Escarlatina, xirará toda a trama. O protagonista é un neno de once anos, nacido o día de defuntos, resolto e decidido, afeccionado á cociña quen, axudado da súa nova amiga, conseguirá cociñar un prato que gustará a vivos e mortos, condición indispensable para que Escarlatina poida resucitar e regresar ao mundo dos vivos para sempre….” (Celia Méndez. http://www.criaturas.gal)

Libro gañador da XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Para saber máis sobre Ledicia Costas: Editorial Xerais , Wikipedia , La Voz de Galicia .

Para saber máis sobre RECINTO GRIS: Editorial Xerais , Caderno da Crítica , La Voz de Galicia.

Para saber máis sobre ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA: Criaturas.gal , Proxecto Pegadas.