Novidades


Tres novos títulos na nosa bilioteca.

CABALOS E LOBOS de Fran Lorenzo. Premio Blanco Amor 2014.

“Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsCabalosELobosada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo…” ( Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Revolta da Freixa , La Voz de Galicia

A NEVE INTERMINABLE de Agustín Fernández Paz.

“Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guiónA_Neve_Interminables dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo….”(Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Páxina do Autor .

AS PALABRAS PODEN MATAR de Marcos Calveiro.

“Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de txordos, mAsPalabrasPodenMatarrinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos udos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas….” (Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Caderno da Crítica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s