VIII Olimpíada. Bases

Destacado

BASES VIII OLIMPÍADAS.

  1. O concurso consistirá en responder ás preguntas que se publiquen cada día no taboleiro de anuncios da biblioteca. (Poderase obter unha copia da pregunta na mesma biblioteca). Tamén será posible participar a través do blog da biblioteca http://www.bibliomariasolinho.wordpress.com.

  2. Poderá participar todo o alumnado matriculado no Centro formando equipos de tres membros como máximo.

  3. A inscrición realizarase entre os días 7 e 14 de marzo, ambos inclusive, cubrindo o formulario de inscrición que haberá na biblioteca ou no blog http://www.bibliomariasolinho.wordpress.com.

  4. A duración do concurso será de dúas semanas dende o 14 ata o 24 de marzo.

  5. As preguntas de cada día deberán ser contestadas antes de que remate o primeiro recreo do día seguinte cubrindo o formulario que se atopará na biblioteca e entregándoo sempre a un profesor responsable da mesma ou entrando no blog da biblioteca.

  6. Na primeira semana de martes a xoves sairán publicadas preguntas relacionadas co tema das olimpíadas

    O xoves 16 sairán publicadas unha lista de preguntas encadeadas que deberán ser resoltas antes de que remate o 2º recreo do luns 20.

    Durante a segunda semana, os días 20, 21, 22, 23 coa pregunta do día darase tamén unha pista que permitirá chegar a un personaxe oculto.

  7. Por cada pregunta diaria correctamente contestada obteranse 2 puntos.

    Cada acerto nas preguntas encadeadas sumará 1 punto, resolver todas suporá 3 puntos máis.

    Se se acerta o personaxe oculto coa primeira pista obteranse 5 puntos, coa segunda, 4 puntos, coa terceira, 3 puntos e coa cuarta 2 puntos, pero por cada erro nesta proba descontarase 2 punto. A puntuación máxima será polo tanto 26 puntos.

  8. En caso de empate entre equipos que opten ao primeiro premio celebrarase un desempate que consistirá nunha nova pregunta que se publicará no taboleiro de anuncios da biblioteca no recreo do venres 31 de marzo. Gañará o equipo que antes entregue a resposta correcta.

  9. Establécese un premio para o 1º equipo clasificado de 120 euros.