Home, Novidades

NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS: (DOTACIÓNS MERCADAS CON FONDOS STEAM/Science, tecnology, maths and arts)

A disposición de toda a comunidade educativa do instituto existen unha serie de libros e videos relacionados coas Ciencias, matemáticas artes e tecnoloxía. Algúns destes libros que podes ver nas imaxes son estes:
Historia del arte en Cómic, Caderno de campo das Illas Cíes, Historietas del Museo del Prado, La vuelta al mundo en un forro polar rojo, O libro dos océanos, El manual del investigador científico, Vaia peido (sic), Mira que artista. Leonardo da Vinci, El tesoro del Cisne Negro etc

Aínda faltan por mercarse aquelas achegas feitas recentemente dende o departamento de artes e matemáticas.

 

libros_steam.JPG

XOGOS MATEMÁTICOS, DE LÓXICA, DE ARTES ETC (FONDOS STEAM)

Se non gustas tanto da lectura pero queres poñer a proba as túas destrezas e as túas capacidades no eido das matemáticas e ciencias en xeral quizais deberías darte unha volta pola biblioteca e sentarte cos amigos ou só e xogar a xogos como: Tantrix, Conecta 4, Jenga, Pictureka, Mondrian, Distraction, Swish, Temple connection, Exit-Muerte en el Orient Express, Cross Dices etc.

 

xogos_1.JPG

NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS DA BIBLIOTECA INCLUSIVA

Se máis que ler desfrutas aprendendo a través das imaxes estes son os teus libros. No aparador cercano á mesa de xestión poderás adentrarte en distintos mundos e aprender cousas da natureza, historia, arte, ciencia. Ven e achégate a coñecer libros como:
Mundo humano, Atlas para curiosos insaciables, Egiptomanía, Árboles, El explicador de cosas, Un mundo por descubrir, El libro Guiness de los récords etc.

biblioteca_inclusiva.JPG
DOTACIÓN PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (E PARA TODO O MUNDO EN XERAL)

Neste apartado temos mercado atrís, barreiras de concentración, un álbum parlante e outros materiais específicos.

MOBILIARIO E NOVA DISTRIBUCIÓN DOS POSTOS DE LECTURA NA BIBLIOTECA:

A biblioteca ten mudado para crear un espazo de lectura máis informal que conviva coa lectura máis canónica e o espazo de investigación. A biblioteca é a que temos (80 m2) pero iso non quita que se poidan facer cousas. Mercouse o curso pasado un sillón, unha estantería con rodas que recolle a sección de feminismo da biblioteca, e máis recentemente dúas mesas con sillas de cores que abundan na idea de espazo informal -que non quere dicir caótico-.

P1010281.JPGP1010284.JPG

Actividades, Home, Samaín

Actividade de Samaín na biblioteca.

Como todos os anos celebramos na biblioteca do centro o Samaín. A lectura de contos de medo e misterio estase a converter nun costume para os auxiliares de biblioteca que comparten esta actividade cos alumnos de 1º E.S.O.

Este curso a profesora Luz Beloso realizou un precioso video da actividade que queremos compartir con todos vós.

No enlace de abaixo podedes acceder a el. Agardamos que vos guste.

Lecturas de Samaín.