Novidades

Unha nova novela para os que disfrutades coas historias de vampiros….

DÉJAME ENTRAR de John Ajvide Lindqvist.

“Oskar, un neno solitario e triste que vive nos suburbios de Estocolmo, ten unha curiosa afección: gústalDdejameEntrarle coleccionar recortes de prensa sobre asasinatos violentos. Non ten amigos e os seus compañeiros de clase burlanse del e maltrátanlle. Unha noite coñece a Eli, a súa nova veciña, unha misteriosa nena que nunca ten frío, despide un cheiro estraño e adoita ir acompañada dun home de aspecto sinistro. Oskar sente fascinado por Eli e fanse inseparables. Ao mesmo tempo, unha serie de crimes e sucesos estraños fai sospeitar á policía local da presenza dun asasino en serie. Nada máis lonxe da realidade. Unha historia de terror contemporáneo de extraordinaria orixinalidade que entusiasmará aos afeccionados ao xénero”. (Quelibroleo.com)

 

John Ajvide LindqvistJAhvide

 

Para saber máis sobre o autor e a obra: Quelibroleo.com , Entrelectores.com

Advertisements

Novidades

Tres novos títulos na nosa bilioteca.

CABALOS E LOBOS de Fran Lorenzo. Premio Blanco Amor 2014.

“Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsCabalosELobosada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo…” ( Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Revolta da Freixa , La Voz de Galicia

A NEVE INTERMINABLE de Agustín Fernández Paz.

“Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guiónA_Neve_Interminables dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo….”(Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Páxina do Autor .

AS PALABRAS PODEN MATAR de Marcos Calveiro.

“Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de txordos, mAsPalabrasPodenMatarrinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos udos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas….” (Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Caderno da Crítica.

Novidades

Xa podes disfrutar na nosa bilioteca de dous novos libros da autora galega Ledicia Costas.

LediciaCostas

O primeiro dos títulos que recomendamos é “RECINTO GRIS”.

RecintoGris“… a historia dunha meniña que, debido á súa peculiar personalidade, é recluída pola forza
nun recinto afastado da sociedade cando un exército de lobos irrompe na súa cidade, decidido a acabar con
todas aquelas persoas que representan unha ameaza para a imposición da súa tiranía, polo seu comportamento ou polos seus dotes diferenciais.
Os lobos, a pesar do seu corpo humano, preséntanse coa cabeza das bestas, con armas e uniformes escuros marcados con letras vermellas, para mostrar o seu poder e inspirar o medo ao irracional tanto entre as persoas que apresan coma entre os seus familiares
e amigos, que son incapaces de reaccionar ou revelarse contra a inxustiza….”  (Alba Rozas. Xerais.)

A outra interesante historia é “ESCRLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA”.

Escarlatina“… a problemática duns pais que non se poden permitir mercar un bo agasallo de aniversario para o seu fillo Román, debido á situación laboral inestable que están a sufrir…. Ao redor dese agasallo do que falabamos, un curso de cociña que cobra vida en forma da nena chamada Escarlatina, xirará toda a trama. O protagonista é un neno de once anos, nacido o día de defuntos, resolto e decidido, afeccionado á cociña quen, axudado da súa nova amiga, conseguirá cociñar un prato que gustará a vivos e mortos, condición indispensable para que Escarlatina poida resucitar e regresar ao mundo dos vivos para sempre….” (Celia Méndez. http://www.criaturas.gal)

Libro gañador da XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Para saber máis sobre Ledicia Costas: Editorial Xerais , Wikipedia , La Voz de Galicia .

Para saber máis sobre RECINTO GRIS: Editorial Xerais , Caderno da Crítica , La Voz de Galicia.

Para saber máis sobre ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA: Criaturas.gal , Proxecto Pegadas.

NOVIDADES DE CINE

Nova película na biblioteca.

O APÓSTOLO

Un convicto recentemente fuxido do cárcere tratará de recuperar un botín escondido-apostolo-cartel1o anos atrás nunha solitaria e apartada aldea, pero o que alí atopará supón unha condena mesmo maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e até o mesmo arcipreste de Santiago cruzarán os seus camiños nunha historia de terror, humor e fantasía. (LA BUTACA.NET)

 

Dirección y guion: Fernando Cortizo.

Dirección : Fernando Cortizo.

País: España. Ano: 2012.

Duración: 72 min.

Xénero: Animación, fantástico, terror.

Dobraxe: Carlos Branco (Ramón), Jorge Sanz (Pablo), Paul Naschy (arcipreste), Geraldine Chaplin (Dorinda), Luís Tosar (Xavier), Celso Bugallo (Celso), Manuel Manquiña (Salustiano).

Produción executiva: Isabel Rei e Jacqueline Scott.

Música: Philip Glass, Xavier Font e Arturo Vaqueiro. Fotografía: David Nardi. Montaxe: Fernando Alfonsin. Deseño de produción: Fred de Bradeny. Distribuidora: Aquelarre Cinema.

Estrea en España: 31 Outubro 2012.

Cualificación por idades: Non recomendada para menores de 7 anos.

Para saber máis sobre a peli……. LaButaca.net , web oficial da película , Fotogramas.

Trailer:

NOVIDADES DE CINE

Xa podes atopar na biblioteca:

LOS MISERABLES

miserablesO expresidiario Jean Valjean (Hugh Jackman) é perseguido durante décadas polo desapiadado policía Javert (Russell Crowe). Cando Valjean decide facerse cargo de Cosette, a pequena filla de Fantine (Anne Hathaway), as súas vidas cambiarán para sempre. Adaptación cinematográfica do famoso musical ‘Lles miserables’, baseado á súa vez na novela homónima de Victor Hugo. (FILMAFFINITY)

 

Director: Tom Hooper

Reparto: Hugh Jackman, Russell Crowe, Anne Hathaway, Amanda Seyfried, Eddie Redmayne, Samantha Barks, Helena Bonham Carter, Sacha Baron Cohen, Aaron Tveit, Isabelle Allen, Daniel Huttlestone, Colm Wilkinson, Natalya Wallace, Michael Jibson, Bertie Carvel, Tim Downie, Marc Pickering, Patrick Godfrey, Killian Donnelly, Fra Fee, Gabriel Vick, George Blagden, Alistair Brammer, Charlotte Hope

Para saber máis sobre a peli……. Filmaffinity , Sensacine

Para saber máis sobre o musical…….. Wikipedia 

Para saber máis sobre Victor Hugo…… Wikipedia, El Poder de la Palabra, Frases de Victor Hugo

Trailer:

NOVIDADES DE CINE

Xa podes disfrutar na biblioteca dunha nova película:

EL RETRATO DE DORIAN GREY

el-retrato-de-dorian-gray-cartel1Dorian Gray (Ben Barnes) é un novo aristócrata moi atractivo que, despois de pasar unha solitaria adolescencia no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, mergúllase nela da man de Lord Henry Wottom (Colin *Firth), que o conduce aos antros máis recónditos e*sórdidos da cidade. Ao novo fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de Wotton. Por outra banda, a súa obsesión por alcanzar a eterna mocidade impúlsao a facer un pacto co diaño: el manterase sempre novo, pero as pegadas da súa degradación física e moral reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo o pintor Basil Hallward (Ben Chaplin). (FILMAFFINITY)

Director: Oliver Parker

Reparto: Ben Barnes, Colin Firth, Rebecca Hall, Rachel Hurd-Wood, Ben Chaplin, Emilia Fox, Caroline Goodall, Fiona Shaw, Maryam d’Abo, Douglas Henshall, Michael Culkin, Johnny Harris

Para saber máis sobre a peli …… Fotogramas , Filmaffinity

Trailer:

Entrevista co director e o protagonista:

NOVIDADES

Emocionáchesche coa saga “EL CORREDOE DEL LABERINTO”…………….. pois xa podes atopar na túa biblioteca a precuela que conta a orixe da historia.

EL DESTELLO

ElDestelloASÍ SE AFUNDIU A VIDA DE MARK:

PRIMEIRO foron as erupcións solares, que mataron a millóns de persoas, entre elas á súa familia.

SEGUNDO, as inundacións, escaseza de alimentos e unha calor insoportable.

TERCEIRO, os sobreviventes decidiron salvarse… custe o que custe.

CUARTO, agora un virus empezou a propagarse. Ninguén sabe as súas orixes nin o remedio, só que produce a tolemia e cousas peores. Xa lle puxeron nome. Chámano o Escintileo.

NOVIDADES

SAGA “EL CORREDOR DEL LABERINTO” de James Dashner.

Xa podes atopar na túa biblioteca os libros desta interesante saga.

1.EL CORREDOR DEL LABERINTO
«Benvido ao Claro. Verás que unha vez á semana, sempre o mesmo día e á mesma hora, chégannos vívereElCorredors. Unha vez ao mes, sempre o mesmo día e á mesma hora, aparece un novo mozo, como ti. Sempre un mozo. Como ves, este lugar está cercado por muros de pedra? Has de saber que estes muros se abren pola mañá e péchanse pola noite, sempre á hora exacta. Alén atópase o labirinto. De noite, as portas péchanse? e, se queres sobrevivir, non debes estar alí para entón».

 

 

2.LAS PRUEBAS

«Resolver o labirinto supúñase que era o final. Non máis probas, non máis fuxidas. Thomas cría que saír significaba que todos recobrarían as súas vidas, pero ningún sabía a que clase de vida estaban a volver. Árida e carbonizada, gran parte da terra é un territorio inservible. O sol aLasPruebasbrasa, os gobernos caeron e unha misteriosa enfermidade foise apoderando aos poucos da xente. As súas causas son descoñecidas; o seu resultado, a tolemia.Nun lugar infestado de miseria e ruína, Thomas coñece a unha moza que asegura contraer a enfermidade e estar a piques de sucumbir aos seus efectos. Namentres, Teresa desapareceu, a organización CRUEL deixoulles unha mensaxe, un misterioso mozo chegou e alguén tatuou unhas palabras nos pescozos dos clarianos. A de Minho di “o líder”; a de Thomas, “o que debe ser asasinado”».

3.LA CURA MORTAL

«Desde fai tres semanas, Thomas vive nunha habitación sen xanelas, dun branco resplandecente e sempre iluminada. Sen reloxo e sen contacto con ninguén, máis aló das

LaCuratres bandexas de comida que alguén lle leva a diario (aínda que a horas distintas, como para desorientalo).

Ao vixésimo sexto día, a porta ábrese e un home condúcelle a unha sala chea de vellos amigos.

– Moi ben, damas e cabaleiros. Estades a piques de recuperar todos os vosos recordos. Até o último deles».

Se queres coñecer máis sobre o autor desta saga preme no seguinte enlace:

James Dashner