Actividades, Concursos, Home

Concurso en conmemoración do centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-2011)

O 22 de decembro do 1911 naceu en Mondoñedo o novelista, dramaturgo, poeta e xornalista Álvaro Cunqueiro.
 É por iso que durante este curso se está a conmemorar o centenario do seu nacemento e a biblioteca do IES “María Soliño” quere sumarse a esta celebración, organizando un concurso onde os alumnos da E.S.O. do centro, porán a proba os seus coñecementos sobre a obra do autor mindoniense.
 A través de tres paneis situados na ágora, o alumnado intentará relacionar as portadas de distintas obras de Cunqueiro cos seus textos correspondentes e logo descobrer que novela ilustran as fotografías cedidas pola profesora Nela Álvarez.
 Un total de cinco premios, consistentes nunha mochila, un bolígrafo e un bono regalo de 12 euros a canxear na librería Maraxe, repartiranse entre os acertantes.