Resultados do concurso sobre o centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-2011)

A comezos desta semana, encetou no noso instituto o concurso sobre a obra de Álvaro Cunqueiro, do que xa informamos anteriormente. Poderiamos dicir que foi un éxito de participación -basicamente porque todos os alumnos da ESO víronse na obriga de participar- pero bromas aparte, o equipo da biblioteca puido comprobar que un número importante do alumnado non cubríu o cuestionario ao chou e moitos estiveron a punto de completalo correctamente.

Ao final, tres foron os alumnos acertantes, e para eles son os premios (mochila, bolígrafo e vale de 12 euros a canxear na librería Maraxe). Noraboa e parabéns a Antía Armada González (4ºESO A), Adrián Álvarez Nogueira (4ºESO B) e Lucía Viéitez Portas (4ºESO B)!!

Mirade que sairon ben guapos na fotografía!!

8 de Marzo. Día da Muller Traballadora

Exposición “Mulleres na Literatura e no Cine” do 8 ao 16 de marzo na Biblioteca.

No dejan pasar nunca la ocasión de decirte que las mujeres han de dejar la pluma y repasar los calcetines de sus maridos”

Rosalía de Castro Carta a Eduarda

Durante moitos séculos, o predominio dos homes no mundo da creación artística foi absoluto. Moitas mulleres utilizaron seudónimos masculinos na súa faceta creadora. Era unha maneira de evitar a discriminación polo simple feito de ser unha muller creadora, para que a súa obra fora tratada con respeto e para poder publicala. Moitas destas mulleres nunca chegaron ver o seu nome real nun libro publicado, senón o seu seudónimo masculino.

 

Cando quero vivir

Cando quero vivir

digo Moraima.

Digo Moraima

cando semento a esperanza.

Digo Moraima

e ponse azul a alba.



Cando quero soñar

digo Moraima.

Digo Moraima 

cando a noite é pechada.

Digo Moraima

e ponse a luz en marcha.



Cando quero chorar

digo Moraima.

Digo Moraima 

cando a anguria me abafa.

Digo Moraima

e ponse a mar en calma.



Cando quero surrir

digo Moraima.

Digo Moraima

cando a mañá é crara.

Digo Moraima

e ponse a tarde mansa.



Cando quero morrer

non digo nada.

E mátame o silencio
de
non decir Moraima.

	Celso Emilio Ferreiro

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?



Case morto vivín sen coñecerte

aló na chaira seca por absurdas rúas

onde ninguén me soupo dar mornura.



Foi soedade desconforme adentro

e a semente a caír en terra dura.



¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?



Erguinme e vinte ó regresar á terra

como se fora todo aquelo un soño

pesado e ti xa foras sempre miña.

Foi outra vez materno en aloumiño

o bico teu na lingua.

E foi novo corazón adentro

comprender a existencia e a dozura.



¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?



Pero hoxe mesmo o día abriu en medo

entrou na fiestra un sol extraño inmenso

e deixáchesme o leito en mantas frías.



Está a volver agora corazón adentro
a soedade o podre a agonía

a me pinchar as cousas en millóns de pugas

cada minuto en séculos de agullas.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?


	Bernardino Graña