Actividades, Home, Samaín

Actividade de Samaín na biblioteca.

Como todos os anos celebramos na biblioteca do centro o Samaín. A lectura de contos de medo e misterio estase a converter nun costume para os auxiliares de biblioteca que comparten esta actividade cos alumnos de 1º E.S.O.

Este curso a profesora Luz Beloso realizou un precioso video da actividade que queremos compartir con todos vós.

No enlace de abaixo podedes acceder a el. Agardamos que vos guste.

Lecturas de Samaín.

 

 

Actividades, Caixón de sastre, Home, Novidades

Novidades lectoras na biblioteca

A biblioteca é o centro de recursos do Instituto. Temos libros e outro materiais para todos os gustos. Para grandes e maiores, para quen gosta das palabras e para quen prefire as imaxes. Para aqueles que disfrutan cos libros de misterio ou terror ou os que se emocionan coa poesía. De autores galegos, do resto de España ou de alén as nosas fronteiras. Cruza a porta que separa a ágora dun mundo de imaxinación, entra nun espazo libre de adoctrinamentos.

A biblioteca; para ti, para min, para todos

novidades_1

novidades_2

novidades_3

novidades_4

Actividades, Concursos, Home

X Olimpíada. Bases

BASES X OLIMPÍADAS.

  1. O concurso consistirá en responder ás preguntas que se publiquen cada día no taboleiro de anuncios da biblioteca. (Poderase obter unha copia da pregunta na mesma biblioteca). Tamén será posible participar a través do blog da biblioteca http://www.bibliomariasolinho.wordpress.com.
  2. Poderá participar todo o alumnado matriculado no Centro formando equipos de tres membros como máximo.
  3. A inscrición realizarase entre os días 23 e 29 de abril, ambos inclusive, cubrindo o formulario de inscrición que haberá na biblioteca ou no blog http://www.bibliomariasolinho.wordpress.com.
  4. A duración do concurso será de dúas semanas dende o 29 de abril ata o 13 de maio.
  5. As preguntas de cada día deberán ser contestadas antes de que remate o primeiro recreo do día seguinte, cubrindo o formulario que se atopará na biblioteca e depositándoo na caixa, que a tal efecto estará enriba da mesa de xestión, sempre en presenza dun profesor responsable da mesma ou dos auxiliares de biblioteca ou entrando no blog da biblioteca.
  6. Na primeira semana de luns a venres sairán publicadas preguntas relacionadas co tema das olimpíadas “As aventuras de Tintín”. O venres 3 de maio sairá publicada unha lista de preguntas encadeadas que deberán ser resoltas antes de que remate o 2º recreo do luns 6 de maio. Durante a segunda semana, os días 6, 7, 8, 9 e 10 coa pregunta do día darase tamén unha pista que permitirá chegar a un personaxe oculto.
  7. Por cada pregunta diaria correctamente contestada obteranse 2 puntos. Cada acerto nas preguntas encadeadas sumará 1 punto, resolver todas suporá 3 puntos máis.  Se se acerta o personaxe oculto coa primeira pista obteranse 5 puntos, coa segunda, 4 puntos, coa terceira, 3 puntos, coa cuarta 2 puntos e coa quinta 1 punto pero por cada erro nesta proba descontaranse 2 puntos. A puntuación máxima será polo tanto de 30 puntos.
  8. En caso de empate entre equipos que opten ao primeiro premio celebrarase un desempate que consistirá nunha nova pregunta que se publicará no taboleiro de anuncios da biblioteca en data por determinar. Gañará o equipo que antes entregue a resposta correcta.
  9. Establécese un premio para o 1º equipo clasificado de 120 euros. (Haberá tamén un agasallo para o equipo do 1º ciclo da ESO que obteña máis puntos na clasificación final)