Home, Lecturas recomendadas, Novidades

Novidades

Unha nova novela para os que disfrutades coas historias de vampiros….

DÉJAME ENTRAR de John Ajvide Lindqvist.

“Oskar, un neno solitario e triste que vive nos suburbios de Estocolmo, ten unha curiosa afección: gústalDdejameEntrarle coleccionar recortes de prensa sobre asasinatos violentos. Non ten amigos e os seus compañeiros de clase burlanse del e maltrátanlle. Unha noite coñece a Eli, a súa nova veciña, unha misteriosa nena que nunca ten frío, despide un cheiro estraño e adoita ir acompañada dun home de aspecto sinistro. Oskar sente fascinado por Eli e fanse inseparables. Ao mesmo tempo, unha serie de crimes e sucesos estraños fai sospeitar á policía local da presenza dun asasino en serie. Nada máis lonxe da realidade. Unha historia de terror contemporáneo de extraordinaria orixinalidade que entusiasmará aos afeccionados ao xénero”. (Quelibroleo.com)

 

John Ajvide LindqvistJAhvide

 

Para saber máis sobre o autor e a obra: Quelibroleo.com , Entrelectores.com


Comentarios e recomendacións, Home, Novidades

Novidades

Tres novos títulos na nosa bilioteca.

CABALOS E LOBOS de Fran Lorenzo. Premio Blanco Amor 2014.

“Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsCabalosELobosada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo…” ( Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Revolta da Freixa , La Voz de Galicia

A NEVE INTERMINABLE de Agustín Fernández Paz.

“Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guiónA_Neve_Interminables dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo….”(Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Páxina do Autor .

AS PALABRAS PODEN MATAR de Marcos Calveiro.

“Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de txordos, mAsPalabrasPodenMatarrinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos udos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas….” (Editorial Xerais)

Para saber máis sobre o autor e a obra:

Editorial Xerais , Caderno da Crítica.