¿Quén somos?

A NOSA BIBLIOTECA

A biblioteca do IES María Soliño de Cangas do Morrazo consta de dous espazos ben diferenciados; unha sala principal duns 80 metros cadrados con puntos de lectura e estudio, zona de información e zona audiovisual  separados polos propios armarios-estantes cos librose os andeis ou exhibidores con revistas e xornais; e un espazo de lectura informal na zona central do instituto que conta con varios sofás e sillóns e alí o alumnado ten á súa disposición a prensa diaria e distinto tipo de publicacións periódicas.

 A biblioteca é bastante acolledora e ben sinalizada. Foi renovada no curso 2009-2010: elimináronse os antigos armarios e puxéronse estanterias que ocupan todas as paredes.

A biblioteca do centro alberga cerca de 13000 exemplares, aínda que algúns dos fondos da biblioteca están repartidos polos distintos departamentos. Asimesmo, conta con catro ordenadores e conexión a Internet, para a realización de traballos e consultas e tamén dispón dun canón dixital e pantalla o cal permite usala como sá multiusos. Ágora do centro

A biblioteca ten un réxime de apertura que vai dende as 8.30 h. ás 15.00h. luns e mércores e, martes, xoves e venres, de 8.30 a 14.00. Parte destas horas está atendida por un profesor ou profesora con atención exclusiva, que realiza o servizo de empréstitos e atende as consultas do alumnado e profesorado. Algúns destes profesores compoñen un equipo de traballo que xestiona a biblioteca, ocupándose dos seus fondos, das altas e baixas dos volumes, da cesión dos que consideran oportuno aos departamentos e aulas, da redacción dos seus presupostos e necesidades e do mantemento do seu blog, entre outras tarefas. O grupo de traballo está constituido por:

  • Susana Otero García (Coordinadora)
  • Ruth Fernández Fernández
  • Soledad Robleda Castro
  • Armando Sendín Domínguez